Arredor de Cambre PR-G17
- Roteiro
- Máis información
- 9,3 km
- 3 horas
- Museo do Xacemento Romano de Cambre. - UTM: 29T X:553290 Y: 4793660
O PR-G 17 (de 9 quilómetros) comeza a carón do antigo mosteiro de Santa María de Cambre, de fábrica románica, e do Centro de Interpretación do xacemento romano e conecta lugares de notable interese patrimonial —como os castros de Cambre e Armental ou a Pena da Nosa Señora con gravados rupestres— e espazos naturais de gran beleza como congostras e ben conservadas fragas. No centro de Cambre pódense contemplar numerosas casas de indianos.