Ir ao contido da páxina

Adega Beade

José Antonio Beade e a súa familia levan anos mantendo unha tradición vitivinícola que xa están a continuar as xeracións que veñen por detrás. A súa incorporación á elaboración dentro da IXP Viño da Terra de Betanzos supuxo un impulso para esta adega, que se modernizou e adaptou á indicación replantando variedades de calidade, mellorando o cultivo da viña e os seus tratamentos, e a propia elaboración do viño. O seu reto principal é que o consumidor se achegue aos seus viños con curiosidade: viños novos, frescos e que transmiten as esencias da súa orixe, o solo e o clima onde se cultivan.

Compartir:
©Adega Beade/Marca Reserva da Biosfera

Viños

Descubre...