Ir ao contido da páxina

Adegas Bordel

Adegas Bordel é unha adega familiar que transforma as uvas cultivadas nun predio da súa propiedade coñecido como “Ladeiro”. Uvas de distintas castes autóctonas, pero principalmente da Branca Lexítima, como unha caste de uva branca máis característica da área atlántica.

Aséntase na Parroquia de Sarandóns, do Concello de Abegondo, nunha área integrada na Reserva  da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. E ligado a esta Reserva a Adega está integrada no Marco de Calidade Turística do Ministerio de Industria , Comercio e Turismo. (SICTED, Compromiso de Calidade Turística).

E sobre de todo, o compromiso de Adegas Bordel coa calidade e o territorio leva a que os seus viños estean igualmente baixo a marca de calidade diferenciada: IXP Viños da Terra de Betanzos. A súa actividade principal está ligada a diferentes actividades agrarias, pero  na viticultura ten a súa máxima expresión a traveso dunha caste, con presenza secular neste territorio, a Branca Lexítima.

No cerne de Adegas Bordel latexa o espírito dos viños ligados á Terra: un dos obxectivos principais que impulsaron a súa creación foi o compromiso activo na loita contra o abandono das terras agrarias, a recuperación dunha actividade case perdida no límite xeográfico da IXP, e a posta en valor dunhas terras e unha caste propia do territorio e esquecida co paso do tempo.

A adega é tamén un intento ilusionado de dar continuidade aos coñecementos transmitidos polos predecesores, buscando sementar o interese pola actividade agraria nas xeracións vindeiras, e ao mesmo tempo poñer as bases para fortalecer a sostibilidade do medio rural, tan necesitado de buscar iniciativas que axuden a conservar a poboación en dito medio.

Este proxecto forma parte dunha  vida familiar ligada á terra, conformada por un clima, unha orografía e un solo coidado e mimado ata os nosos dias. E nel tamén hai o esforzo de trasladar aos seus viños o cariño e o agradecemento pola confianza depositada por moitas persoas coñecedoras do proxecto e o que o move.

Compartir:
Adegas Bordel ©Marca Biosfera Mariñas-Betanzos

Viños

Descubre...