Ir ao contido da páxina

Adegas Rilo

Ricardo Rilo Villar é o propietario das Bodegas Rilo e continuador dunha tradición que iniciou o seu pai alá polo ano 1946. Traballando nas viñas desde moi neno, aprendeu todos os segredos dun oficio que se convertería no centro da súa vida. Actualmente está acompañado polo seu fillo, Ricardo Rilo Pérez, terceira xeración desta dinastía de viticultores, e dende hai anos producen e comercializan de viño branco e tinto amparado dentro da IXP “Viño da Terra de Betanzos”. Sen deixar nada ao azar, a empresa realiza e supervisa coidadosamente todo o proceso produtivo, dende o cultivo e vendima das súas propias viñas ata a crianza, embotellado e distribución.

Froito desa inquietude pola excelencia e a innovación, están intentando dar un pulo ás tradicionais e únicas castas de Branco Lexítimo e Agudelo, uvas autóctonas de excelente calidade nas que a adega ten grandes esperanzas de cara ao futuro.

Compartir:
©Adegas Rilo/Marca Reserva da Biosfera

Viños

Descubre...