Se cada copa de viño conta a historia dun territorio, cada maridaxe descobre a alma da súa cultura gastronómica. Os alimentos e os viños que nacen nunha mesma xeografía levan séculos dialogando entre si: comparten o mesmo solo, o mesmo clima, as mesmas tradicións e unha forma única de entender e coidar o rural.
Nas cinco Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Viños de Galicia, cada elaboración atopa o seu mellor aliado nos produtos locais. Esta harmonía entre a cociña tradicional e as castes autóctonas dá lugar a combinacións cheas de identidade, onde detrás de cada prato e de cada sorbo hai historia, oficio e paisaxe.
Propoñémosche unha viaxe sensorial polas nosas cinco IXP a través dos seus sabores máis representativos e das súas rutas turísticas. Descobre que comer, que beber e por que cada maridaxe fala do que somos.