Ir ao contido da páxina

Política de cookies

Que é unha  cookie?

Unha  cookie é un pequeno ficheiro de texto que se garda no teu navegador cando visitas case calquera web. Serve para que a web lembre a túa visita e garde algunha información básica de ti, e así teñas unha mellor experiencia cando volvas navegar por ela.

A efectos legais en Europa, sistemas alternativos ás  cookies, como local  storage (onde a información non se garda nun servidor, senón no teu navegador), ven afectados pola mesma regulamentación.

Que información gardan?

As  cookies adoitan gardar información de carácter técnico, preferencias persoais, información para a personalización de contidos, estatísticas de uso,  links ás redes sociais, o teu acceso como usuario, etc. O seu obxectivo é adaptar o contido da web ao teu perfil e as túas necesidades. Sen  cookies, os servizos que ofrecen as webs veríanse notablemente afectados.

As  cookies non adoitan gardar información realmente importante sobre ti, nin tarxetas de crédito nin datos bancarios, nin fotografías, nin o teu DNI nin información persoal. Os datos que gardan son só de carácter técnico sobre as túas preferencias de acceso á web (idioma, tipo de perfil, etc.), contidos que xa viches, páxinas que visitas, etcétera.

Por outra banda, esta información que gardan non queda asociada a ti persoalmente (ao teu nome), senón ao navegador do teu computador ou móbil. De feito, se adoitas navegar co computador e probas a facelo co móbil, ou se cambias de navegador, comprobarás que a web non se decata de que es a mesma persoa, e terás que elixir idioma de novo e seleccionar cousas que xa seleccionaras noutro dispositivo. É dicir, a  cookie dáse conta de cal é a máquina que a está consultando, non de quen é o humano que está detrás.

Que  cookies utiliza esta web?

Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos indicámosche as  cookies que utiliza esta web.

Esta web utiliza as seguintes  cookies propias:

  • vinos_das_ixp_de_galicia_session: A finalidade desta cookie é gardar a preferencia de idioma de navegación.
  • XSRF-TOKEN: A finalidade desta cookie é garantir o envío de forma segura dos datos dos formularios.
  • vinos_ipx_gal_cookies_config: A finalidade desta cookie é gardar as preferencias de consentimento de uso de cookies do usuario visitante da web.

E tamén estas  cookies de terceiros:

  • _ga y _gid: Cookies de Google Analytics que se usan para distinguir aos usuarios.
  • _gat: Cookie de Google Analytics que se usa para limitar a porcentaxe de solicitudes.
  • AMP_TOKEN: Cookie de Google Analytics que inclúe un token que se pode utilizar para recuperar un ID de cliente do servizo de IDs de cliente de AMP.
  • _gac_: Cookie de Google Analytics que inclúe información da campaña relativa ao usuario.

Queres evitar as  cookies?

Podes restrinxir, bloquear ou borrar as  cookies de calquera web que uses se configuras o teu navegador. En cada navegador, a operativa que tes que seguir é diferente, pero a función de 'Axuda' do seu soporte técnico ensinarache como facelo en cada un destes casos:

Tes máis dúbidas sobre as  cookies nesta web?

Para calquera dúbida ou consulta sobre o uso de  cookies nesta web, non o penses máis e ponche en contacto connosco en info@vinos.ixp.gal

Tipos xenéricos de  cookies

Por entidade xestora do dominio

  • Cookies propias: as xeradas pola propia páxina que estás a visitar.
  • Cookies de terceiros: aquelas xeradas por servizos ou provedores externos como Facebook, Twitter, Google, etcétera.

Pola súa permanencia

  • Cookies de sesión: desde que entras nunha web ata que salgues dela.
  • Cookies persistentes: as que quedan gardadas para próximas visitas.

Pola súa finalidade

  • Cookies técnicas, as máis elementais, que permiten entre outras cousas saber cando está a navegar un humano e cando unha aplicación automatizada, cando navega un usuario anónimo e un rexistrado, etcétera. É dicir, tarefas básicas para o funcionamento de calquera web dinámica.
  • Cookies de personalización, que recollen as túas preferencias de uso como, por exemplo, o idioma que elixiches para navegar na web.
  • Cookies de análise, que recollen información sobre o tipo de navegación que estás a realizar, as seccións que máis utilizas, os produtos consultados, a franxa horaria de uso, o idioma, etc.
  • Cookies de publicidade, que che presentan publicidade en función do teu navegador, do país desde o que che conectas, do idioma que tes marcado como preferente, etcétera.
  • Cookies de publicidade  comportamental, que solicitan información sobre os gustos e intereses que mostras durante a navegación da web e preséntanche os anuncios que máis se adecúan a eles.

Información complementaria e xenérica sobre cookies

A responsabilidade sobre a privacidade e sobre o contido das cookies de terceiros é deses terceiros. Esta web non é responsable delas.

Tampouco é responsabilidade desta web que os navegadores eliminen ou desactiven correctamente as  cookies cando llo pides: eles son os encargados de facelo.

Nalgúns casos pode darse o caso de que cada vez que entres nunha web vexas o aviso de  cookies. Iso é porque quen controla que decidiches non aceptar as  cookies é precisamente unha  cookie, aínda que pareza un paradoxo.