Bodega Panchín
- 636 90 99 48
- 696 59 24 93
- info@bodegapanchin.es
- bodegapanchin.es
Bodega Pachín recupera a tradición ancestral de adegas nas que se elaboraba o viño para consumo propio, vendendo o sobrante pola comarca, alá polo século XVIII. Unha superficie de aproximadamente dúas hectáreas, cubrindo terrazas e ladeiras con bastante pendente, onde todas as cepas desta propiedade son cultivadas en espaldeira, acompañadas dun clima de contrastes que, xunto coa fertilidade do terreo, dalle ás uvas unha acidez particular e unha cor especial, que despois da súa colleita enxalzan, entre o aceiro inoxidable e barricas de madeira, o seu prestixio, tanto para esta “ourela” (beira ou bordo) como para calquera outra máis aló do chan de lousa e arxila destas terras.
Viños atlánticos, de boa maduración, cunha acidez extraordinaria, intensidade colorante, lograda estrutura e moi aromáticos, forman a produción limitada que comeza a ser embotellada en marzo, para saír ao mercado sobre 3000 botellas de branco e outras 3000 de tinto, algunhas das cales son de crianza en barrica de carballo.
