Piscinas do río Pedras (PRG 91)
- Roteiro
- Wikiloc
- 22,91 km
- 7 horas
A ruta, de 22 quilómetros, arrinca do centro da Pobra do Caramiñal e discorre seguindo a conca do río Pedras para atopar os muíños que, outrora, aproveitaron a forza das súas augas. Onde os ríos San Xoán e Barbanza se unen para formar o río das Pedras hai unha interesante ponte medieval e, preto dela, os restos do convento de San Xoán de Lesón. Río arriba, a erosión do granito permitiu a formación de pozas ideais para o baño. O tramo máis alto da ruta ofrece engaiolantes panorámicas da ría de Arousa.
