Ir ao contido da páxina

Pazo de Trasalba

O Pazo Museo Otero Pedrayo está no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba (Amoeiro). O Museo, xestionado pola Fundación Otero Pedrayo, custodia a biblioteca, mobiliario e obxectos persoais de polígrafo galego. O pazo ten planta rectangular. A fachada principal, orientada ao oeste, está percorrida por unha solaina que no seu tramo final se reformou coma galería. Na fachada posterior, orientada ao leste, hai outra solaina, de maior lonxitude, á altura do piso superior, con varanda e pasamáns de pedra.

CC BY Wikimedia Commons

Adegas relacionadas