Vides Singulares: Adega Ferreiros
- Ferreiros, 19. 32950 Coles. Ourense
- 628 30 90 84
- info@videssingulares.com
- Web
Adega Ferreiros coida os seus viñedos para conseguir unha uva de alta calidade, coa que elaborar os viños respectando o carácter de cada terruño e de cada variedade. O viñedo é o que manda, o que dirixe o seu traballo e o que condiciona a súa axenda. Teñen a súa adega principal no lugar de Ferreiros (Coles, Ourense) e completan a súa actividade coa Casa Reitoral de San Eusebio, onde combinan o aloxamento nun entorno natural e arquitectónico privilexiado con actividades de enoturismo.