Ir ao contido da páxina

Os viños das IXP, recoñecidos pola Federación Española de Enoloxía

Dous viños brancos amparados pola IXP Ribeiras do Morrazo (Areeiros) e a IXP Val do Miño Ourense (Terras Mancas), premiados co “GRAN ORO” no Concurso Nacional de Viños VinEspaña_2024 organizado pola Federación Española de Enoloxía.

Os viños premiados na categoría de viños brancos tranquilos, son un monovarietal de albariño da Adega Os Areeiros de Vilaboa (Pontevedra) e un plurivarietal con albariño, treixadura, godello e loureira da Adega Terras Mancas de Amoeiro (Ourense).

Parabéns a todas as persoas que fixéchedes que este premio fora posible!

Compartir: