Ir ao contido da páxina

Vigo recibe ás IXP de viños de Galicia

Onte celebrouse no Espacio MUTA de Vigo o terceiro túnel dos viños das IXP de Galicia que contou cunha masterclass e catas comentadas. As xornadas completáronse cun encontro de traballo entre viticultores e adegueiros, para a creación e posta en marcha da Asociación das IXP de viños de Galicia.

O Espacio MUTA acolleu durante o día de onte as xornadas de divulgación dos viños das IXP de Galicia orientadas a prescriptores, hostaleiros e público interesado.

Pola mañá, de 11 a 13 h., Alejandro Paadín deu unha masterclass centrada nos viños das IXP e nas súas características diferenciais, pola tarde, de 17 a 20 h. os asistentes puideron desfrutar de tres sesións de catas comentadas por Martiño Santos.

Ademais, durante a xornada estiveron expostos os diferentes viños elaborados e comercializados nas cinco IXP de Galicia ( Val do Miño Ourense, Terra de Barbanza e Iria, Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Terras do Navia), así como varios paneis informativos sobre as mesmas.

No encontro, aproveitouse tamén para facer unha sesión de traballo entre viticultores e adegueiros co propósito de sentar as bases da futura asociación das IXP de viños de Galicia, que permita mellorar a gobernanza e cooperación entre os operadores das cinco IXP.

 

 

Compartir: