Ir ao contido da páxina

Museo Valle-Inclán

O Museo Valle-Inclán localízase na Torre de Bermúdez, na Pobra do Caramiñal. A torre, construída entre 1540-1545 e declarada Monumento Histórico Artístico en 1976, pertenceu aos avós de Ramón María del Valle-Inclán. O museo creouse en 1986 co obxectivo de difundir a obra e a vida do escritor. No museo atópanse primeiras edicións dos seus libros, manuscritos orixinais, fotografías, vestiario, escenografías, cartelaría teatral e obras plásticas relacionadas co universo valleinclanesco.

CC BY-SA Wikimedia Commons

Adegas relacionadas