Ir ao contido da páxina

Roteiro das adegas do viño de Betanzos

Coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, as seis principais adegas da IXP Viño de Betanzos puxeron en marcha unha ruta de enoturismo para amosar o potencial vitivinícola da comarca e o carácter tradicional dos seus viños. As persoas interesadas en visitar as seis adegas adscritas á indicación —Codeseira, Beade, Rilo, Viña Ártabra, Eladio e Lorenzo Bescansa— deben contactar directamente cos establecementos ou facelo coa Oficina de Turismo de Betanzos (981 776 666).

Vista dunha horta e vide en Betanzos. CC0 Wikimedia Commons

Adegas relacionadas