Praia de Mogor
- Natureza
- Máis información
Praia en forma de cuncha, duns 400 m de longa, situada nunha contorna semiurbana. De area dourada e fina. Protexida por Punta Moa e Punta Rabuñagatos, as súas augas son quedas e temperadas. Na zona meridional hai unha mesta carballeira. Bandeira azul. Unida por un paseo á praia de Portocelo. Por riba da praia atópase o conxunto de gravados rupestres do Labirinto de Mogor ou Pedra da Moura Encantada. Na súa contorna hai ducias de petróglifos datados entre o 2000 o 3000 a. C.