Ir ao contido da páxina

Furancho da Reboraina

Os furanchos ou loureiros son bares-restaurantes de tempada –abertos só tres meses–, situados xeralmente en adegas. Xurdiron para vender os excedentes de viño. Hoxe en día, o seu funcionamento está regulado pola Xunta de Galicia: só se pode vender o viño que recolle o viticultor propietario, nin servir ningún outro tipo de bebida, agás auga. Pódese acompañar o viño dunha carta limitada de tapas (xamón, chourizo, zorza, raxo). As especialidades do Furancho da Reboraina son as táboas de embutidos e a zorza coas que se acompaña o viño albariño. A Reboraina está abierta de maio a xullo.

Adegas relacionadas