Ir ao contido da páxina

Mirador da Curota

A Curota (596 m) está no sur da serra do Barbanza e conta cun conxunto de miradoiros como o Alto da Lagoa, cunha estatua homenaxe a Valle-Inclán; o da Curota, coroado por antenas de comunicacións, e A Curotiña (512 m). As súas localizacións ofrecen unha panorámica excepcional das Rías Baixas, enxérgase a ría de Arousa, as dunas de Corrubedo, as illas de Ons e Cíes e, nos días claros, mesmo, a costa ao sur da ría de Vigo. Na contorna hai restos megalíticos e petróglifos. Os montes, en réxime de man común, acollen zonas de caza e crianza en liberdade de cabalos e vacas.

Vista interior da Ría de Arousa desde A Curota

Adegas relacionadas