Ir ao contido da páxina

Xeodestino As Mariñas Coruñesas e a Terra de Mandeo

Este xeodestino, reserva da biosfera, ten unha superficie de 116.724 hectáreas e abrangue as concas fluviais do Mero e o Mandeo, ademais de ecosistemas costeiros, vales litorais e serras interiores, que acubillan unha gran diversidade biolóxica. A área inclúe os concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes. Á gran biodiversidade e aos numerosos espazos naturais protexidos súmase un rico e variado patrimonio cultural que axunta destacados sitios arqueolóxicos, mosteiros e igrexas rurais, castelos e pazos.

Río Mandeo ao seu paso por Chelo. CC BY-SA Wikimedia Commons

Adegas relacionadas