Ir ao contido da páxina

Mosteiro de San Xoán de Poio

A tradición mantén que o convento de Poio foi fundado por Froitoso de Braga no século VII e que, tres séculos máis tarde, baixo o reinado de Vermudo III, foi reconstruído na sede actual. O documento máis antigo que o menciona é de 1116. Recibiu numerosos privilexios reais e nobiliarios e incorporouse á Congregación de San Bieito de Valladolid coa que comeza a súa época de maior esplendor, chegando a ser colexio maior de teoloxía (1548-1556). En 1581 iniciáronse as obras da actual igrexa e as do claustro procesional, que se desenvolveron entre 1600 e 1612. En 1613 comezou a funcionar no mosteiro o Colexio de Pasantes que cesou as súas actividades coa exclaustración e desamorización de 1834. En 1890 foi ocupado polos mercedarios. No conxunto destaca a igrexa, construída no século XVII, integrando formas clasicistas e barrocas, o claustro das procesións (século XVI), cunha fonte barroca, e mais o claustro do cruceiro (do século XVIII) cun gran mosaico do Camiño de Santiago. En 1971 foi declarado Ben de Interese Cultural.

CC BY Wikimedia Commons

Adegas relacionadas