Ir ao contido da páxina

Xornada e Túnel do viño na IXP Val do Miño-Ourense

O luns 2 de maio celebraranse, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense), as segundas Xornadas de divulgación e Túnel do viño das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, que terán como protagonista a IXP Val do Miño-Ourense. A asistencia ás xornadas e ás catas comentadas é gratuíta, pero compre inscrición a través do formulario de inscrición.

Formulario de inscrición

Programa

10:00
Recepción e rexistro das persoas participantes

10:30
Benvida institucional

10:45
Presentación do proxecto de cooperación «Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia»
Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou)

11:00
Tradición histórica na IXP Val do Miño-Ourense:
Adega Terras Mancas, Vides Singulares e José Eduardo López Pereira (Presidente da Fundación Otero Pedrayo)

12:00
Situación e contexto da IXP Val do Miño-Ourense no panorama vitícola
Isabel Otero e Antonio Troitiño López (Consellería do Medio Rural)
Francisco Rego Martínez (Experto en viticultura)

13:00
Acto institucional de apoio e promoción dos viños da IXP Val do Miño-Ourense

17:00
Catas de viño comentadas para profesionais (canal HORECA)

18:30
Catas de viño comentadas abertas ao público

Este evento ten lugar dentro do proxecto para a dinamización dos viños das IXP de Galicia, no que cooperan 6 Grupos de Desenvolvemento Rural e 15 adegas das diferentes indicacións de Galicia. Está co-financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

Compartir: