Ir ao contido da páxina

Os viños das IXP de Galicia estiveron presentes na primeira Mostra de Calidade Alimentaria

Os viños das IXP de Galicia estiveron presentes na I Mostra de Calidade Alimentaria organizada pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) no pazo de Quián (Sergude, Boqueixón) para poñer en valor as producións galegas de calidade diferenciada.

Neste marco presentouse a nova campaña institucional do Goberno galego para promocionar a excelencia alimentaria galega, xunto ao Marketplace oficial no que os produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles mesmos co consumidor.

No acto estiveron presentes diferentes adegas das IXP de viño de Galicia, comprometidas co desenvolvemento da viticultura dos seus territorios.

Compartir: