Os viños das IXPs galegas destacan na Guía Paadín 2026
A edición 2026 da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia volveu recoñecer a calidade e personalidade dos viños elaborados baixo as Indicacións Xeográficas Protexidas galegas. As adegas das cinco IXPs acadaron numerosos galardóns que poñen en valor o traballo realizado nos distintos territorios vitivinícolas de Galicia.
Na IXP Barbanza e Iria, as adegas Castellum Augusti, Cazapitas e Entre Os Ríos obtiveron destacados recoñecementos. Entre eles sobresae o Ouro+ para O’Elixir de Lucía CVC de Castellum Augusti e os numerosos Ouros acadados por referencias como Pepe Cabanas 2022 e Castellum Augusti 2024 da mesma adega, Fonteixe 2022 e Cazapitas 2023 de Cazapitas ou Vulpes Vulpes 2023, Altares de Postmarcos 2021 e Komokabras Lías 2024 de Entre Os Ríos. Esta adega tamén tivo Prata para Komokabras Barrica 2024.
A IXP Betanzos tamén destacou nesta edición da guía. A adega Bordel conseguiu dous Ouros para Bordelar 2023 e Bordelar Espumoso 2022, ademais dun Ouro+ para Xeixedo 2022. Pola súa parte, Ribeiras de Armea Pacela Talai 2023, de Casa Beade, acadou un dos máximos recoñecementos coa distinción Gran Ouro.
Na IXP Ribeiras do Morrazo, os premios recoñeceron a calidade dos seus viños atlánticos. Adegas como Ardán, Costas de Exportación, Os Areeiros, Reboraina ou Videiras do Mar sumaron numerosas medallas. Destacan especialmente os Gran Ouro obtidos por María Soliño 2024 e Quereres de Berobreo 2024 de Videiras do Mar, pero tamén o Ouro de Quereres do Hío 2024 desta mesma adega; Praia do Santo 2024 de Ardán; Raigames 2025 de Costas de Exportación; Os Areeiros blanco 2024 da adega homónima e o de Reboraina 2024. Foron Prata Porta do Conde 2024 de Ardán e Os Areeiros tinto 2024 de Os Areeiros.
Tamén a viticultura de montaña da IXP Terras do Navia viu recompensado o seu traballo. Nesta Ourela Casa Río 2024, da adega Panchín, acadou un Gran Ouro. Panchín tinto 2024 da mesma casa obtivo Prata. Mentres que Sidrón obtivo varios Ouro+ con referencias como O Cabaleiro de París 2024, D’Pieiga A Valía 2024 e D’Pieiga A Marcada 2024; D’Pieiga blanco 2024 foi Ouro. Bodega da Señora obtivo Ouro en Solarega 2024.
Por último, na IXP Val do Miño–Ourense, Terras Mancas 2024 foi recoñecido cun Ouro, consolidando o bo momento desta IXP.
Desde Viños das IXP de Galicia queremos felicitar a todas as adegas premiadas polo seu compromiso coa calidade, co territorio e coa identidade dos viños galegos. Estes recoñecementos son tamén unha mostra da riqueza e diversidade vitivinícola das nosas IXPs.
Fotografía da portada de Guía Paadín.