Ir ao contido da páxina

Viños das IXP Terras do Navia: converter o antigo abandono nun futuro con selo propio

A construción do encoro de Grandas de Salime somerxeu baixo as augas as viñas desta terra durante décadas, obrigando a moitos veciños e veciñas a marchar, deixando a tradición case no esquecemento. No entanto, desde hai uns anos ata hoxe, diversos bodegueiros e emprendedores do rural apostaron por recuperar esta actividade.

Actualmente, o recoñecemento destes viños medra con forza, apostando polas uvas de variedades autóctonas, como a branca lexítima. Grazas ao selo IXP Terras do Navia e as adegas que nel se amparan (Bodega Panchín, Adega Sidrón e Bodega da Señora), as ladeiras deste territorio volven a estar coidadas e en produción responsable recuperando a tradición viticultora da zona. Ademais, as vides non só crean emprego e axudan a asentar poboación, senón que funcionan como a mellor barreira natural contra o lume ao manter as fincas limpas e produtivas

Esta fin de semana, Negueira de Muñiz celebra a súa XVI Feira do Viño, unha cita para brindar pola calidade dun produto que nace dun territorio e dun clima moi característico. De feito, a IXP Terras do Navia gozará do seu propio posto na feira, un lugar ao que poden achegarse todas as persoas que estén interesadas en coñecer unha das cinco IXP dos Viños de Galicia.

Compartir: