Entroidos característicos das IXP dos Viños de Galicia.
A riqueza do Entroido na IXP Miño-Ourense
A zona amparada pola IXP Val do Miño-Ourense destaca por ser o territorio que conserva unha maior variedade de ritos de Entroido en toda Galicia. Esta diversidade non é froito do azar, senón do compromiso das comunidades veciñais, que viven no rural e traballan pola conservación e recuperación das súas tradicións.
Mugares: Labardeiros e invitación nas adegas:
No concello de Toén, o Entroido de Mugares recuperou o esplendor das súas figuras centrais: os Labardeiros e as Señoritas. Os labardeiros visten de branco cun cinto de campás que anuncian o seu paso e un gorro cónico cheo de flores. Un elemento clave é a labarda, un instrumento de madeira similar ao que se usaba para mallar o trigo. Pola súa banda, as señoritas locen saias longas e panos coloridos, repartindo pétalos ou caramelos dende as súas cestas.
O relato histórico desta vila conta que os desfiles comezaban cedo para aproveitar o sol e que, durante o percorrido, as adegas abrían para convidar aos disfrazados a botar un baile. Esta unión culmina coa xuntanza do Mazaruco e a Mazaruca, dous bonecos que representan a un militar e á última moza casada do ano, que son transportados en carros engalanados con flores de acacias e xestas.
Sande: A beleza das Bonitas e o salvaxe Oso:
En Sande (Cartelle), o ciclo comeza coas Avutardas, grupos que percorren as rúas facendo barullo para anunciar a chegada do desorde festivo. O martes é a quenda das Bonitas, figuras que portan mantóns de Manila —unha lembranza dos veciños que volveron da guerra das Filipinas en 1898—, polainas con cascabeis e máscaras de arame pintadas.
O Entroido de Sande tamén conserva personaxes que representan a natureza bruta. O Oso, cuberto de pelica e cunha cara de latón, sae cun domador para simbolizar o instinto que debe ser domesticado. Xunto a el aparece a Vaca, unha estrutura que corre tras o público provocando risas e sustos, recordando a importancia do gando.
A crónica social: O Meco e as Pitas:
Noutros puntos da IXP, a festa serve para recordar conflitos e historias locais. O Meco das Teixugueiras ten a súa orixe nunha rebelión real de 1733 contra o pago de rendas abusivas aos señores da terra. Os veciños daquel momento, mataron a golpes ao recaudador e levárono ao monte, para, despois, volvelo traer á aldea do mesmo xeito. Deste feito, xorde O Meco, ao que sobren ao monte nun carro mentres lle dan unha malleira e despois báisxano para queimalo. Isto coñécese como a "turra da corda" e remata coa lectura dun testamento onde se repasan, con humor, os sucesos do ano no pobo antes de queimar o boneco.
No barrio de As Eiroás, en Ourense, a figura da Pita e a súa representación teatral lembran un feito histórico popular: a voda de dous viúvos a mediados do século XX. O nome dos viúvos era Antonio Guimarey e Gumersinda de Benavides, alcumada a Pita, e de aí a denominación da voda e da propia festa. As veciñas e veciños participan disfrazadas de Pitas: un traxe branco e negro adornado con fitas de cores. Este acto central acompáñase do Domingo Oleiro, onde os veciños lanzan olas de barro.
A IXP Terra de Betanzos marcada por un entroido mariño.
Samede e Betanzos: vicarios e enterro da sardiña.
Na IXP Terra de Betanzos, o Entroido de Samede era preparado tradicionalmente polos “vacarios” (mozos que acababan de facer o servizo militar) que preparaban as máscaras e personaxes como os Vixigueiros ou o Farandulo. Para coordinar á comitiva polas aldeas, usábase unha corneta militar, cuxo son permitía á veciñanza saber por onde andaba a festa. Todo o ciclo remata co Enterro da Sardiña, que marca o cambio dos excesos do Entroido. Os traxes son unha representación da alegría e da festa: tanto homes coma mulleres visten con roupas brancas adornadas con diferentes xoias e fitas de cores. Recorren as rúas da aldea acompañados dunha banda e bailando.
O Morrazo vístese de gala coas Madamas e Galáns:
Na IXP Ribeiras do Morrazo, o Entroido reflíctese nas Madamas e Galáns de Cobres, pero que tamén se extenden a outras zonas do territorio. Esta comitiva percorre as parroquias de Vilaboa bailando muiñeiras e xotas en cada casa que daba un donativo. A vestimenta era unha burla ás clases burguesas: moitos colares, grandes sombreiros cheos de plumas e traxes ricamente adornados. O martes de Entroido ten lugar a Corrida do Galo, onde os "vellos" —homes casados con máscaras de tea que facían travesuras— traen o animal para o cerimonial. A xornada inclúe o Sermón do Galo, unha crítica mordaz en verso contra os sucesos do ano na veciñanza.
Recuperación do Entroiro na IXP Terras do Navia:
Nas terras dos Ancares, o nome cambia a Entroiro, unha festa de transgresión. O obxectivo era que ninguén te recoñecera, usando roupa vella e caras pintadas con ferruxe. En Navia de Suarna, os fuliqueiros corren o entroiro pedindo polas casas con música e algunha falcatruada. En Piornedo, o lume é o protagonista: os maranfallos, despois de recorrer as aldeas recolectando filloas, chourizos e outros alimentos, suben ao monte con fachas (varas de palla acendidas) para facer grandes fogueiras visibles para compartir o gañado durante o día.
Todas estas tradicións e máscaras foron manténdose e recuperándose ao longo dos anos e incluso séculos, grazas á permanencia da xente nas contornas e zonas rurais. Unha labor da que, cando chega o Entroido a Galicia, desfrutamos todas as persoas que visitamos a zona e que debemos valorar e coidar.