Ir ao contido da páxina

Brindar cos Viños tintos das IXP de Galicia

Deste xeito, as Indicacións Xeográficas Protexidas espalladas polo territorio galego conservan un gran patrimonio etnográfico e gastronómico ligado ao cultivo da uva tinta e das súas múltiples variedades. Estas son algunhas das principais variedades tintas que podes probar nos viños das IXP de Galicia.

Variedades de uva tinta das IXP de Galicia.

Entre as máis destacadas está a Mencía, probablemente a tinta máis estendida en Galicia. Preséntase en diversas áreas de cultivo de vide, especialmente nas zonas de interior, onde leva décadas asentada. A súa relevancia fixo que se incorporase ás IXP dos viños de Galicia que elaboran tinto.

Outra caste fundamental é o Brancellao, tamén coñecida por nomes tradicionais como albarello ou serradelo. Trátase dunha variedade histórica, documentada antes da chegada da filoxera, e que nos últimos anos experimentou un proceso de recuperación. Hoxe está recoñecida en varias zonas vitícolas galegas e representa unha parte significativa do legado vitícola autóctono.

Tamén destaca o Caíño tinto, unha uva propia do noroeste peninsular. Trátase dunha variedade tradicional e valorada pola súa singularidade dentro da viticultura galega.

Xunto a ela atopamos o Sousón, outra das tintas máis presentes no territorio galego. A súa implantación é ampla e aparece recoñecida en diversas regulacións vitivinícolas. É unha caste cultivada históricamente e con importancia crecente nos proxectos que buscan recuperar variedades propias.

Ademais destas catro castes principais, existen outras variedades tintas galegas menos frecuentes pero igualmente pertencentes ao patrimonio vitícola. Entre elas destacan o Caíño longo e o Caíño bravo, que forman parte do grupo tradicional dos caíños, así como outras minoritarias que, malia a súa escasa presenza, forman parte do conxunto de uvas mantidas ao longo de xeracións como son o Tinto Espadeiro, O Loureiro, Mouratón, Merenzal ou Pedral

As IXP contribúen a protexer este mosaico de variedades e a garantir que continúen formando parte da paisaxe vitivíncola galega. Coñecelas é unha maneira de entender mellor o produto e a calidade da enoloxía de Galicia.

Compartir: