Ir ao contido da páxina

Xornada de presentación da Asociación das IXP de Viños de Galicia en Lugo

Co motivo de visibilizar a Asociación, vaise celebrar unha Xornada de presentación da Asociación, dirixida a diferentes institucións, entidades sociais e cidadanía.

Esta xornada celebrarase o martes 17 de decembro de 2024, no Pazo de San Marcos, sede da Deputación Provincial de Lugo. Pola mañá, a partir das 10:00 horas, no salón de actos, terá lugar un relatorio no que se pretende reforzar a visión e o protagonismo das adegas das
cinco IXP.

A continuación realizarase un acto de apoio institucional cunha lectura do manifesto a prol das IXPs de Viños de Galicia na galería de exposicións no sótano da propia Deputación e unha degustación de viños da IXP de Ribeiras de Navia, maridados con produto agroalimentario provincial do grupo A Mariña Gastronómica, no marco da colaboración coa área Rural, do Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Na sesión de trade, tamén na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo, a partir das 18:00 horas, terá lugar un espazo viñolúdico, no que se porá en conexión a cultura e o viño. Desenvolverase unha interpretación de música de raíz ligada ao mundo do viño, e a continuación poderanse degustar viños do conxunto das IXP galegas, cun acompañamento musical.

Para participar neste evento é imprescindible inscribirse previamente, a través deste enlace.

Compartir: