Ir ao contido da páxina

A reserva de Biosfera Mariñas coruñesas acollerá unha xornada en Paderne arredor dos viños das IXP de Galicia con catas e faladoiros con especialistas

As estratexias de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, as características da variedade branco lexítimo (variedade por excelencia da IXP Terra de Betanzos), o papel das Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños ou a promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo serán algúns dos temas que se abordarán nos faladoiros que se van celebrar no entorno da Capela da Esperela (Paderne) o vindeiro martes 12 de xullo.

Ese mesmo día celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos do ámbito de Betanzos e da administración pública.

Pola tarde e no mesmo lugar terá lugar o túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños da Indicación Xeográfica Protexida Terra de Betanzos así como das outras tres que existen en Galicia a través de catas comentadas.

A asistencia aos eventos é gratuíta con prazas limitadas. Por iso é necesario inscribirse a través do seguinte formulario:

Formulario de Inscrición

Programa

Martes 12 de xullo | Entorno da Capela da Esperela (Paderne)

10:30
Benvida e presentación institucional
César Longo Queijo  (Alcalde de Paderne)
Xosé Antonio Santiso Miramontes (Alcalde de Abegondo. Presidente GDR As Mariñas Betanzos)
Jorge Blanco Ballón (Xerente do GDR Mariñas-Betanzos)

10:45
Presentación do proxecto de cooperación «Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia»
Jorge Blanco Ballón

Faladoiros:

11:00
Dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia.
Alfonso Ribas Álvarez (Fundación Juana de Vega)

11:30
As Oficinas Agrarias Comarcais no desenvolvemento das IXP de Viños: o caso de Betanzos.
Xoana Varela Auber (Oficina Agraria Comarcal de Betanzos)
    
12:00
Branco lexítimo: a variedade por excelencia que define a viticultura na IXP Terra de Betanzos.
Xosé Antonio Meixide Fernández (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo — CIAM)

12:30
Promoción de produtos agroalimentarios dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Miguel Fernández Pardo (Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo)

13:00
Acto institucional de apoio e promoción dos viños da IXP Terra de Betanzos

17:00
Catas de viño comentadas para profesionais (canal HORECA)

18:30
Catas de viño comentadas abertas ao público

 

Compartir: