Catas de viño comentadas e xornadas divulgativas na Indicación Xeográfica Protexida Barbanza-Iria
O asociacionismo no sector vitivinícola e a recuperación de terras para o seu cultivo serán os temas centrais das xornadas divulgativas que se celebrarán en Valga e Rianxo os días 24 e 25 de maio. O sábado 28 terá lugar no Pazo de Goiáns (Boiro), o Túnel do viño, no que profesionais da hostalaría e público xeral poderán coñecer os viños desta IXP e das outras tres que existen en Galicia. Ese mesmo día, celebrarase un acto institucional de apoio no que participarán representantes de concellos e da administración pública.
A asistencia ás xornadas e ás catas comentadas é gratuíta, pero compre inscrición a través deste formulario.
As xornadas divulgativas estarán centradas no asociacionismo do sector e na recuperación de terras para o cultivo, polo que as protagonistas serán as quince adegas que colaboran no proxecto. Participarán tamén a Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé Riveira, o Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos Corral, alcaldes, representantes da administración pública e dos Grupos de Desenvolvemento Rural Deloa e Salnés-Ulla-Umia, así como do resto de GDRs que cooperan no proxecto.
No túnel do viño poderanse probar viños das catro IXP de viño de Galicia en catas comentadas que se celebrarán ao longo do día, poñendo o foco nos da IXP Terra de Barbanza-Iria.
Programa
Martes 24 de maio
Valga (Centro de Interpretación da Caña do País)
18:30
Benvida institucional
José María Bello Maneiro (Alcalde de Valga)
Juan Manuel Vidal Seage (Alcalde de Pontecesures. Presidente do GDR Salnés-Ulla-Umia)
José Luis Cabarcos Corral (Director Xeral da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.Consellería do Medio Rural)
18:45
Novo marco normativo da calidade alimentaria en Galicia
José Luis Cabarcos Corral
19:10
Implicacións da Lei da cadea alimentaria para as adegas das IXP de Viños de Galicia
Xosé Manuel Fernández Castro (Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural
19:35
Conclusións do Taller sobre asociacionismo das IXP e implicacións normativas
20:15
Degustación de viño da zona
Adega Torres Augusti
Mércores 25 de maio
Rianxo (Auditorio Municipal)
17:30
Benvida institucional
Adolfo Muíños Sánchez (Alcalde de Rianxo. Secretario do GDR Deloa)
Inés Santé Riveira (Directora Xeral de Desenvolvemento Rural. Consellería do Medio Rural)
Francisca Gago Guillán (Xerencia do GDR Deloa)
17:45
A lei de recuperación de terra agraria de Galicia
Inés Santé Riveira
18:15
Faladoiro: Como empregar a normativa para o desenvolvemento vitícola na IXP. Aproveitamento de terras para a viticultura na IXP Barbanza-Iria
Inés Santé Riveira
Adolfo Muíños Sánchez
Adegueiros da IXP
19:45
Degustación de viño da zona:
Cazapitas, Adega Entre os Ríos e Bodegas Antonio Saborido
Sábado 28 de maio
Boiro (Pazo de Goiáns)
12:00
Visita ao Pazo de Goiáns e á mostra dos viños das IXP
12:30
Acto institucional de apoio e promoción dos viños da IXP Terra de Barbanza e Iria
17:00
Catas de viño comentadas para profesionais (canle HORECA)
18:30
Catas de viño comentadas abertas ao público