Aberta a inscrición para a xornada de presentación do proxecto de «Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia»
O Alcalde de Pontevedra e Presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural de Pontevedra-Morrazo, Miguel Anxo Fernández Lores e o Subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Moisés Blanco Paradelo presentan o proxecto de coopearación «Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia» nunha xornada que se desenvolverá o vindeiro xoves 4 de novembro ás 17.30 no Pazo da Cultura de Pontevedra. O proxecto está impulsado por 6 GDR e conta coa colaboración de 15 adegas.
A xornada contará cun espazo para a divulgación, centrado na calidade dos viños amparados polas IXP, a cargo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e unha mesa redonda na que se abordarán, entre outros temas, a importancia dos recursos enoturísticos, as oportunidades de mercado, os novos modelos de consumo e a caracterización oceánica e ribeirá dos viños das indicacións galegas. Participarán Luís Paadín (profesor e Técnico de Viticultura e Enoloxía da Universidade de Vigo), Antonio Portela (experto en cata de viños, viticultura e enoloxía) e Rafa Quintía (antropólogo e economista).
Está aberta a inscrición ao público a través do correo electrónico info@vinos.ixp.gal ou a través de teléfono no número 685 722 084 para atender aos protocolos sanitarios en materia da Covid19.
Descarga aquí o programa completo