Obxectivos
Entre os seus obxectivos está a representación e defensa colectiva dos dereitos, intereses e accións das persoas socias, nas cuestións comúns no ámbito social, económico, profesional, ou calquera outro relacionado coa vitivinicultura, así como o impulso da cooperación entre operadores das diferentes Indicacións Xeográficas Protexidas de viños de Galicia. Podes consultar os obxectivos completos nos seus estatutos fundacionais.
Quen pode formar parte
Poden formar parte todas as persoas físicas ou xurídicas con interese no desenvolvemento dos fins da asociación que ademais sexa produtora de uva ou operadora (elaboradora ou embotelladora) autorizada baixo os criterios fixados nos pregos de prescricións técnicas das IXP de Viños de Galicia.
Contacto
info@vinos.ixp.gal