Adega Os Areeiros
- Areeiros 30, Santa Cristina de Cobres. 36142 Vilaboa. Pontevedra
- 986 84 09 91
- contacto@osareeiros.com
- Web
Durante moitos anos, nos Areeiros elaboráronse tintos cheos de tradición e agarimo, elaborados con antigas prensas, que aínda se poden ver no establecemento de turismo rural que comparte espazo coa adega. En 2005 modernizaron e renovaron a produción, apostando pola innovación e a profesionalización da actividade, empregando fermentación controlada e estabilización en frío para conseguir excelentes albariños. A carón da bodega e rodeada de viñedos sitúase a súa casa de turismo rural.