Bodegas Costas
- 986 311 050
- 669 676 066
- bodegascostas@gmail.com
- bodegascostas.com
Bodegas Costas de Exportación é una empresa familiar situada no Concello de Moaña (Pontevedra).
Nace grazas ao carácter emprendedor de José Costas, quen botaría a andar unha das primeiras industrias vinícolas da Comarca do Morrazo. Co paso dos anos, Josefa Costas continúa co legado familiar convertíndose na verdadeira “alma máter” da adega, propiciando unha etapa de renovación e cambio no sistema productivo cun forte investimento tanto en tecnoloxía como na creación dunhas novas instalacións.
Na actualidade Juan Pena Costas, fillo e neto de empresarios vitivinícolas, continúa como administrador único da sociedade xunto a Verónica, súa dona, no que supón un forte carácter continuista desta adega de terceira xeración.
Actualmente a planta de Moaña ten unha capacidade para elaborar cento cincuenta mil litros, ademais de duascentas mil botellas de almacenamento en adega subterránea.
Cada añada é única grazas á innovación e o estudo de cada vinificación sen perder de vista todo o aprendido de xeracións anteriores, aportando ao produto final, o viño, un carácter singular e diferenciador.