Ir ao contido da páxina

Adega Sidrón

Javier e Rosa Sanromán decidiron modernizar e profesionalizar a adega familiar, ata entón no baixo da casa, para poñer en valor os viños da zona de Negueira de Muñiz e dar a coñecer a gran calidade das súas variedades. Quixeron recuperar o cultivo tradicional en vaso con elaboración propia que transmitira a familia, onde o “cacho”, usado para trasegar e beber viño, forma parte da súa tradición e do seu logotipo. Viños brancos e tintos, marcados con vida, ilusión e agarimo, reflicten unha mestura perfecta de estrutura, aroma, cor e acidez… Uns viños que enchen de matices os padais. Sidrón conta ademais con servizo de restaurante onde gozar de gastronomía elaborada con produtos de proximidade, así como dunha ampla oferta de actividades enoturísticas aproveitando as paisaxes incribles que rodean a adega: o río Navia no encoro de Grandas de Salime, as viñas, as montañas…                     

Compartir:

Viños