Ir ao contido da páxina

Videiras no Mar

  • Camino Os Carballos, 27, Pinténs - O Hío. 36940 Cangas do Morrazo. Pontevedra
  • 677 572 318
  • videirasnomar@gmail.com

A adega Videiras no Mar aséntase na parroquia de O Hío, no Concello de Cangas do Morrazo, cos viñedos achantados nun pequeno outeiro cara a Ría de Aldán. Expostos ao sol no seu percorrido de nacente a poñente, e acariñados pola brisa fresca, salina e iodada dese mar sempre presente na península do Morrazo.

Os viños que elabora teñen a orixe na uva procedente dos seus propios viñedos. Nos que só hai castes autóctonas, fundamentalmente Albariño, pero tamén conta con outras como a Treixadura, a Loureira e o Caiño Branco nas variedades brancas, mentres que nas tintas conta con Caiño Tinto, Sousón e Mencía.

O microclima, os terreos areosos e alcalinos e unha elaboración artesanal dan como resultado un viño equilibrado en acidez, frescura e padal que fala dun dos lugares máis icónicos do Morrazo.

Compartir:

Viños

Descubre...