Os Areeiros, Terras Mancas e Raigames, premiados pola súa calidade nas Catas de Galicia 2025
Dúas das Indicacións Xeográficas Protexidas de viño de Galicia fixeron un novo achegamento á excelencia este ano, sumando recoñecementos nos galardóns oficiais de Cata de Viño, Augardentes e Licores, que valoran o traballo das adegas e das súas colleitas. Nesta edición 2025, tres adegas vinculadas ás IXP galegas obtiveron distincións que reflicten a súa dedicación, coidado do viñedo e espírito artesanal.
- O máximo galardón, o Acio de Ouro, foi para Os Areeiros, da IXP Ribeiras do Morrazo.
- O Acio de Prata foi para Terras Mancas, da IXP Val do Miño-Ourense.
- O premio Acio de Bronce recaeu en Bodegas Costas (Raigames), tamén da IXP Ribeiras do Morrazo.
Este tipo de galardóns son recoñecementos oficiais promovidos pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e pola Consellería do Medio Rural de Galicia que avalían miles de mostras de viños, augardentes e licores galegos de xeito cego, con obxectivo de subliñar as elaboracións que mellor representan a identidade e o carácter das súas persoas e territorios.
Para as IXP galegas, estes galardóns non só recoñecen calidade, senón tamén o valor da diversidade vitícola, o saber facer local e o compromiso con territorios menores en escala pero ricos en tradición. As adegas premiadas amosan que, mesmo en producións modestas ou en territorios menos coñecidos, pode alcanzarse nivel de excelencia e destacar nun escenario competitivo.
Dende Viños das IXP de Galicia queremos dar os nosos máis sinceros parabéns a Raigames, Terras Mancas e Os Areeiros polo seu traballo. Estes recoñecementos son tamén un fito para todas as adegas, viticultores e persoas que día a día dedican o seu esforzo a cultivar vide, respectar o territorio e elaborar viños que falan da súa terra.
Seguiremos traballando para que os viños das IXP galegas gañen visibilidade, se difundan e cheguen a máis persoas que valoran o valor dun produto auténtico, vinculado ao seu lugar de orixe e feito con paixón.