Descubrir os viños das cinco Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia (Betanzos, Barbanza e Iria, Ribeiras do Morrazo, Val do Miño-Ourense e Terras do Navia) é adentrarse nun itinerario por algunhas das maiores xoias monumentais, históricas e naturais da nosa xeografía. Cada copa reflicte un legado físico e cultural de enorme valor.
Noticias
A Casa do Cazador de Negueira de Muñiz acolleu este luns a quinta e última xornada de presentación das Rutas Enoturísticas das IXP de Viño de Galicia, un proxecto de cooperación que durante os meses de xuño e xullo percorreu os cinco territorios vitivinícolas amparados polas Indicacións Xeográficas Protexidas galegas.